Son un artesán da pedra fincado en Moraña (Pontevedra) desde onde desenvolvo a miña actividade como canteiro.
Neste oficio da pedra realizo un traballo personalizado en distintas obras de canteira tanto para decoración de xardín ou exteriores (cruceiros,bancos, fontes, mesas...) como decoración de interiores integrándoo no traballo con chemineas e fornos.
Dispuxen neste sitio unha mostra dalgúns dos meus traballos en pedra, enlaces que me parecen interesantes sobre a historia da artesanía da pedra en Galicia e se o desexas podes porche en contacto comigo.
Se desexas estimar un prezo para unha obra en pedra concreta ou ben porche directamente en contacto conimgo.
Podes facelo:
Ademais do traballo artesanal co granito tamén realizo proxectos artísticos en escultura e pintura.
Nestes momentos estou preparando un sitio cunha mostra dos meus traballos nestas dúas actividades plásticas.
Este espazo incluirá noticas e detalles das exposicións dos meus traballos máis recentes.
Aínda sendo o cruceiro unha das pezas de artesanía mais populares repartidas por toda a xeografía de Galicia é a artesanía co traballo nas fontes, chemineas, heráldica..., o que lles dá o seu estilo tradicional facendoos ideais para colocar coma decoración en casas e xardíns.
Na la sección traballos en cantería podes atopar algunhas obras en diversas modalidades: chemineas, cociñas, fontes, bancos, heráldica e cruceiros.
Se estás interesado nalgunha peza de cantería que non aparece na galería: agasallos de empresa, mobiliario urbano, pozos estarei encantado de falalo contigo.